Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 15 de septiembre de 2012

Dálle que dálle na escola de Lago- Setembro 2012

Resumo desta entrada:
1- O que se recolleu na horta no verán. 
2- A saída familiar a Cedeira.
3- A saída familiar ó Castelo de San Felipe, Ferrol.
4- preparación do programa de radio.
5- A saída´familiar ás fragas do Eume.
Están sen rematar de poñer explicacións nas fotos.
 
1- A finais de Xullo Ana e Gabriel foron recoller pementos e a regar e mandáronnos fotos para que víramos como estaba a horta.
Recolleron pementos e allos  e o único pé de cabaza que quedou estaba aínda pequeno.
Eiquí temos as flores do Agapanto e da lavanda:
 Eiquí das dalias e xeráneos
Outra dalia

2- O día 13 de setembro, o 2º día do curso, xa fomos toda a tarde de excursión coas familias.
Fomos a Cedeira
Estivemos na lonxa e vimos xurelos grandes, pescada, sanmartiños, panchos...
Tamén polvos e cabracho...
Estaban na lonxa e a lonxa está no porto
Vimos as nasas e as redes e subimos ó castelo (fortaleza) que está alí mesmo pero no alto. ó subir vimos cetáreas e de aí ven o nome de Cedeira.
Candela móstranos o traxe dos soldados españois e Mateo o dos ingleses
No castelo aproveitamos a xogar...

Onde está o reloxio do sol estaba o polvorín e vimos as pedras dos respiradeiros do polvorín...
Na costa había cetáreas (criadeiros de marisco) e de aí ven o nome de Cedeira. Aí vemos unha...
Despois estivemos en San Antón de Corveiro
E alí merendamos e xogamos de novo... e na escola despois  aprendimos a cantiga de Andrés Dobarro: "O caminiño que nos leva a San Antón..." dedicada a esta romería.

3- O xoves día 20 fomos ó Castelo de San Felipe (fortaleza), pero foi unha visita moi, moi especialísima!!!!
Chámase de San Felipe porque foi o rei Felipe II quen o mandou construir, no século XVI, pero despois foi ampliado. Tamén visitou este castelo a raíña Isabel II.
5 Membros da Asociación Batalla de Brión, entre eles o Presidente, vestidos como naquel tempo, contáronnos e escenificáronnos voluntariamente a importancia da ría de Ferrol, historia das fortalezas que a defendían e a famosa batalla de Brión librada contra os ingleses no ano 1800. Eran moitísimos ingleses (máis de 100 navíos con 15 mil militares). Entraron por detrais, desembarcaron na praia de Doniños e subiron o monte de Brión. Pero lles gañamos ó final!! Disque o francés Napoleón Bonaparte brindou en París polos valentes ferroláns (porque el era enemigo dos ingleses...)  pero... 9 anos despois el ocupou Ferrol, menos mal que esa ocupación non durou máis ca un mes!!!!!
 
Percorrimos admirados todo o castelo, cos seus diferentes espazos.
Contáronnos que nesta fortificación rodaron a película " A visitadora de prisións"
e vimos de onde saía a cadea que atravesaba a ría, ata o Castelo de San Martiño para impedir o paso ós navíos enemigos. Parece que xamais logrou entrar ningún barco enemigo!!!
Tamén vimos o "cagadoiro" de caída libre... e ata atopamos un moricego.
Aprendimos que naquel tempo se trocaba de día  ás 12 do mediodía e non ás 12 da noite como facemos agora... por iso na manga do soldado e na medalla do oficial poñía o día 24 e non o día 25 de agosto, como celebramos agora.
A fortaleza estaba moi ben defendida hacia ó mar, pero hacia terra non, por iso nesa batalla tiveron que levar a man 4 canóns hacia a parte traseira do castelo. Tivo que ser ben dificil!!!
Con Esteban fixemos un pequeno xogo de atopar o tesouro e comimos moedas de ouro e prata...
Cando merendamos o avó Esteban fixo os cortes das tartas co seu sable... Esteban é o avó materno de Gabriel e Gabriel estaba orgullosísimo!!! E todos nós tamén, os avós sempre saben moitas cousas!!!!
Tamén nos fixeron mostras de tiro (de fogueo) e tíñmos que abrir a  boca para soportar o ruído... Marta asustábase!
Os traxes teñen botóns, correas, cuello, sombreiro (según se poña é posición para a loita ou para desfile), plumas e colores porque tiñan a súa función á hora de defenderse.

Mirade que bonitos!!! Graciñas mil a Marcelo, escudera de Rohan, Arcadio, Eliseo e Esteban!!!!!!!!!
 Nós tamén quixemos probar os gorros, menos Marta, e non sabemos como Sara, a irmá de Mateo, tamén quedou sen probar... A que estamos guapos-as?

Tamén lle puxemos o sombreiro a Sabela e mirade como campaba...!

Desde a parte de enriba da fortaleza había vistas fantásticas hacia a ría de Ferrol e o monte de Brión. Alí xogamos moito. Os adultos tamén falaron que ese castelo despois tamén foi prisión e na guerra civil do 1936 alí fusilaron a moita xente civil pot ter ideas contrarias ós que fixeron a guerra . Cando nos íamos xa,  vimos entrar este gran barco por diante do castelo da Palma, que está enfrente!
Pasamos unha tarde estupendísima, graciñas mil a: Marcelo, á Escudera de Rohan, a Arcadio, a Eliseo e ó avó Esteban!!!! (Tamén nos dixeron que naqueles tempos as mulleres podían ser soldados). Era unha tarde de calor e eles aguantaron os traxes, e pasaron o tempo con nós, con moita xenerosidade, para que nós aprendéramos e nos divertíramos. Tamén nos diron outros agasallos para a escola: un libro, dedicado,, sobre o castelo e unha bala de verdade!!!! Non podemos estar máis agradecidos!!!! O venres estivemos tocándo todos a bala... e o libro o iremos levando cada un a casa para miralo e lelo en familia!!!

Estas fotos foron coa cámara de Sonia e a usaron sobre todo as nenas-os...



Xa seguiremos contando con maior precisión máis cousas en cada foto... porque vaia tarde, vaia tarde!!!!
     4-
O luns día 24 tíñamos preparado todo para facer o 1º programa de radio deste curso pero un pouco denantes de saír André avisounos (graciñas André!) de que a Radio Filispim non funcionaba, que había unha avería grande... E non poidemos facer o noso programa!!!
    5-
 O día 27 fomos ás Fragas do Eume e Caaveiro, no Centro de Interpretación collimos o bus...
 Logo fomos a pé ata o mosteiro.
 Alí unha guía explicounos


 Despois de volver vimos unha película sobre a fauna nas Fragas do Eume...

Ah,  temos que traer as fotos feitas polas familias para subilas nós...