Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


martes, 6 de noviembre de 2012

Dálle que dálle na escola de Lago_ Novembro 2012

Actividades voluntarias fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
 
 Resumo desta entrada:
1- o Samaín en Cedeira
2- a radio o día 5 
3- barro do día 8
4- na esfolla de Doso
5- barro dos días 15 e 22
6- inicio das coroas de Nadal
 
1- O sábado día 3 fomos a Cedeira para participar no Samaín deles, fomos 5: Sara, Mateo, Antía, Yasmín, e máís eu. Pasámolo moí ben. Fíxemos caveíras e agasalláronnos uns bolsíños con forma de caveíras e logo partícípamos nunha Gínkana na que tívemos que facer moítas cousas: buscar persoas, contar mouchos,
decir trabalinguas, ir a casa do medo... e aí pasamos susto !
Candela López Píta   
Tivemos que buscar un personaxe misterioso que resultou ser a señora
loira de pelo rizo que está con nós na foto de abaixo.
Era festa total en Cedeira, ata o ría Condominas brillaba.
Había caveiras preciosas que fixo a xente para concursar.

Sara conta:

2- O día 5 volvimos á radio. Fixemos 0 18º programa. Tíñamos que telo feito a finais de outubro pero o retrasamos por medo a ter problemas de emisión na radio.
Como agora está soa Patricia no control, atrevímonos este día xa porque nos acompañaba Fran, do programa Sonido Emergente.
pero a radio aínda non está a punto...
Graciñas Fran!!!
 Nesta volta toucoulle a Sabela Graña estar no control con Patricia, para ir aprendendo, e Sara axudou conducindo o programa.
 Desta vez veu Enrique, pai de Sara,
 a falar dos cogumelos xunto con Patricia, nai de Candela,
os dous son bos coñecedores.
Graciñas por  enriquecer o programa de Dálle que dálle nas Ondas!!!

3- o día 8 pola tarde, fixemos barro. Aprendemos xuntos nais e nenas-os pero como as nais aprenden rápido, axiña ensinan e apoian ás nenas e nenos que teñen ó lado...

4- A esfolla en Doso
Había 2 burros que trouxeron moitas espigas de maínzo.
Pasámolo moi ben!!!!
Gabriel Castrillón Fernández
A esfolla...



Ademais de esfollar tamén fixemos bonecas
e amasamos para facer tortas de pan na tixola...

Patricia fixo unha tartiña de cabaza para a ´degustación gastronómica. Estaba moi rica! Levou outra para merendar nós pero como comeramos moitas castañas, chocolate e tartas gardóunolo
para comer o luns na escola. Graciñas Patri!!
María, a profe de música, tamén foi e bailou...!
E tamén foi Fran, o que nos axudou as últimas veces na radio,
e tamén bailou...! Graciñas pola axuda na radio, Fran!
 Mosaicos de fotos de Moníca en Doso:
Algúns maiores da nosa escola foron vestidos como noutros tempos
 ambiente
ó final...!!!
5- O día 15 volveu a tocar barro.
 O día 22 outra vez barro e novo sistema de
limpado-raspado das mesas...

6- inicio das coroas de Nadal, o 29 de novembro.
Esa tarde primeiro fomos buscar poliñas de abeto, que era o que faltaba
Logo coas familias metímonos de cheo a facer as coroas de Nadal.
 Non fixemos moitas fotos pero estivemos moitos, enfaenados con elas...
Rematáronse ó día seguinte, na clase.