Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 8 de diciembre de 2012

DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO_ DECEMBRO 2012

Actividades voluntarias fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Resumo desta entrada: 
1- o programa de radio do día 3
2- a boneca que se lle entregou a Xabier para a exposición.
3- barro do día 13
4- o programa de radio do día 17
e a entrevista ao Apalpador!!!
5-as bolsas para o Apalpador

1- O día 3 de decembro fixemos, con retraso, o programa de radio correspondente ao mes de novembro.
As nenas de 3 anos: Elena, Marta e Antía G. estrenáronse!!!
 Tivemos de invitado especial a Xabier López García, mestre do CPI de A Capela, gran impulsor dos xogos populares dentro da programación das escolas.
 Neste programa houbo algún atranco técnico que impediu que Xabier nos explicara con máis tempo o que fan no seu centro e os proxectos que van empezar, pero virá outro día con máis compañeiros pois intentaremos facer un programa monográfico sobre as interesantes actividades que levan adiante no colexio e no museo etnográfico de A Capela.
2- A Xabier entregámoslle esta boneca que fixemos no horario escolar para a Exposición de xoguetes populares que teñen no seu centro.

3- barro do día 13

4- O día 17 fixemos o programa de radio nº 20!!! 



 Cando estábamos alí chegou o Apalpador e entrvistámolo!!!!
 Vaia sorpresa!! A pesares de que nós o convocamos maxicamente oola mañá, cando chegou... pois non dábamos creto!!!
 Graciñas Apalpador, ti si que es máxico!!!
a entrevista está colgada en:
Ollo, pero non está todo o programa!!!

5- O xoves 20, pola tarde, estivemos avanzando nas bolsas do Apalpador e nos debuxos para o concurso...