Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


viernes, 27 de septiembre de 2013

Dálle que dálle na escola de Lago- setembro 2013


Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:

De Novo na Escola
e como sempre empezamos o curso con saídas 
en familia!!!

Resumo desta entrada:
1- visita a faro de Punta Candieira, garita de Herbeira... día 11
2- visita ao lago artificial de As Pontes, día 18

........
1- O faro de Punta Candieira, Cedeira
Houbo que baixar moito`para chegar ó faro!!!
E logo toca subir... pero nós en coches!
Antes de ter 20 anos, Sabela veu varias veces a pé a este faro, desde Cedeira, e unha vez incluso acampou eiquí unha noite de verán!!!
Ela di que foi fantástico!


Para subir á terraza alta do faro hai que pasar polo centro da casa do fareiro, Miguel, e enriba hai que pasar por unha miniporta... moi agachados... Miguel contounos que este faro dá grupos de 3 y 1 destellos brancos e en Internet vimos que alcanzan 30 millas. Tivemos que subir só en grupos de 5...


Herbeira 
 o vento...



 En Santo André todo era calma...
Invitada especial: Lena

 2- O lago artificial de As Pontes, día 18. Foi feito sobre unha mina de lignito (carbón). Era a mina, a ceo aberto, máis grande de España. O carbón extraíase para a central térmica,
 productora de electricidade, de ENDESA.
sen rematar: 
a cheminea alta... dimensións... contaminación

fotos de Internet: 
As Pontes de García Rodríguez:
"...No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel por rescatalo da prisión na que se atopaba trala batalla de Nájera.
Por quantas lealtanzas de fianza fallamos en vos... e por quanto afán y trabajo y pérdidas oviste tomado por nós... facemos vos donación pura y perpetua... del lugar de las Puentes de Hume
A súa liñaxe extinguiuse nuns 100 anos, pasando a pertencer o señorío á casa de Lemos. Porén, deixou pegada nas numerosas pontes que mandou construír no río Eume, destacando entre elas a ponte dos Ferros tamén coñecida como ponte vella.[3]..

 A cheminea alta éo máis ca torre Eiffel, de París, 33 m máis ca torre parisina, incluida a antena.

fotos nosas:
Contáronnos que o lago ten unha superficie como 2 cidades de Ferrol, ou 1 de Coruña... 
Tamén hai paneis explicando en galego e castelán.
A auga circula, ven algunha do Eume, de torrentes da zona que antes asulagaban a mina (para traballar tiñan que achicala) e da choiva. Como lle puxeron unha capa de arcilla natural, cubrindo a mina, ten o fondo impermeable pero ten unha saída outra vez ó Eume.
A súa temperatura...
parece ter ondas...
Viñeron uns amigos dos pais de Mateo S. que son das Pontes e tamén nos contaron cousas...
Nesta saída acompañounos tamén María, a profe de música, quen a atopa nas fotos? Case non se recoñece!!!!! A merenda con tertulia incluida...


 O sábado 21, Yasmín subeu en globo, en Cuntis. Tróuxonos fotos porque na escola, no antroido de hai varios anos, fixemos a comparsa de pilotos de globos aereoestáticos na nosa escola
e tería sido estupendo poder subir todos nós...