Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


lunes, 1 de diciembre de 2014

Dálle que dálle na Escola de Lago- Decembro 2014

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

 
Índice desta entrada:
 
1- O día 3 extraescolar.
2- O día 10 extraescolar
3- o día 14, o noso belén vivinte
4- o día 17 extraescolar con ensaios para festa do CRA
e remate de cousas 
 
........................................................................................ 
1- O día 3 extraescolar
 2- O día 10 volvimos facer a extraescolar na aula
e subimos a ensaiar ó local da AVV.

3- o día 14, o domingo pola tarde, o noso Belén Vivinte




 
 
4- o día 17 extraescolar con ensaios para festa do CRA
e remate de cousas.
 

sábado, 1 de noviembre de 2014

Dálle que dálle na escola de Lago- Novembro 2014

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
 
 
Índice desta entrada:
 
1- o día 5 e 11, extraescolar na escola
2- o día 15, a esfolla en Doso
3- o día 19, a extraescolar na escola
4- o día 26, extraescolar na escola
 5- marcha e actividades "Polo bon trato"
........................................................................................ 
1- O día 5 e 11 na extraescolar empezamos a montar os teares e a tecer. Os de 3 anos a coser o marco da cartoliña, ademáis de facer todos xogos populares e de mesa. Viñeron axudar Ana e Susana, guai!!
 
 2- O día 15 fomos, como os últimos anos, á esfolla de Doso
participamos nos obradoiros de inicio

na esfolla

Graciñas Laura por mandar alguna foto!
 vendo as actuacións e exposicións
 Estes traballos seguramente foron feitos por nenos e nenas das escolas do CRA de Narón.


En fin, fixemos de todo e mesmo ó final fixemos bonecas de penica e debagamos... Tamén houbo o chocolate, coma sempre!

 3- O día 19, na extraescolar seguimos cos teares, cadros... e, coma sempre, rematamos con xogos.
4- Extraescolar día 26
 
 5- Marcha "Polo bon trato"
Texto feito na escola e que leron Yasmín, Montxo e Gael:
"Nós somos nenos e nenas pequenas  e o que máis nos gusta é que nos traten ben. Pensamos que a todo o mundo lle gusta ser ben tratado, por iso tamén queremos aprender a tratar ben ós demais.
Nós unímonos ó bon trato!!!"
 

sábado, 4 de octubre de 2014

Dálle que Dálle na Escola de Lago- Outubro 2014

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

 
Índice desta entrada:
 
1- día 1: visita ao castro de Eiravedra  e  a área recreativa
 do muíño de Pedroso
2- o día 8 xogos populares no local da AVV
3- o día 15 xogos populares no local da AVV
4- extraescolar do día 22
5- extraescolar do día 29: visita ao museo etnográfico da Capela
 
........................................................................................ 
1- O día 1 fomos ó castro de Eiravedra, alí Sabela contounos a lenda e vimos as entradas do agocho dun raposo.

Despois fomos ó muíño de Pedroso: merendamos e xogamos...
 
Montxo aproveitou para facer escalada!!!


 Algúns debuxos
2- extraescolar do día  8: subimos co material ó local da AVV para practicar xogos populares en preparación da visita ó colexio da Capela que imos facer o día 29.
 
3- Xogos populares de novo o día 15 no local da AVV
xogamos cada vez .á chapa, á corda, a quen pon o pano, á pelota, ós zancos, etc...

 4- Na extraescolar do día 22 xogamos fora ó brilé, á corda, etc, etc...
 
5- O día 29 fixemos a extraescolar na Capela,
despois da visita feita en horario lectivo, ó colexio público desta localidade e reflexada en:
Comimos estupendamente á beira do muíño do río Sesín

 e logo fomos para o museo onde nos esperaba de novo Secundino, como guía excepcional da visita pois el foi o inciador da recolleita e preparación das pezas no colexio da Capela do que foi director ata que se retirou. Alí foron adecentadas as pezas e alí estiveron expostas ata que finalmente lograron preparar este museo aproveitando a existencia desta fermosa casa rectoral, casa que rehabilitaron e adecentaron como museo etnográfico nun continuo tesón por poñer en valor as ricas raiceiras da nosa cultura popular.

 Finalmente, despois do intenso día, os nenos e nenas xogaron, ata fartárense, na herba da aira da casa pois estaba unha tarde de verán e aproveitámola a tope...

 
ampliaranse  comentarios, debuxos, fotos, etc 

sábado, 20 de septiembre de 2014

Dálle que dálle na escola de Lago- Setembro -2014

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

 
Índice desta entrada:
000- a volta ciclista pasou por diante da escola o día 10 
1- extraescolar do día 10
2- extraescolar do día 17
3- extraescolar en tren de Xuvia a Ortigueira, día 24
 
0- O día 10 foi a presentación do inicio do curso pero só houbo clase ata as 11 e media e logo as familias esperaron (fixemos mentres xogos no parque) ata que pasou a volta ciclista.
 
1-  Pola tarde fixemos a primeira saída extraescolar dando un paseo pola lagoa...

Plantas que traballamos na saída...
biouteiro e sabugueiro 
 

2- O día 17 fomos ver, pola tarde, o nacemento de porquiños celtas. Cando chegamos xa naceran 6 pero vimos nacer a 2 máis.


 
 Naceron limpiños, viñan envoltos nunha teliña transparente-leitosa pero sen ela brillaban coma se foran de veludo e as orellas de coiro... Dormíanse agarrados á teta.


No Castro, en Pantín, teñen porcos celtas nunha beira da croa e  aliméntanse das landras dos carballos polo foso do castro...
Outra porca máis está para parir!
Nós tamén lles botamos landras!!!



4- O día 24 fomos en .... de Xuvia a Ortigueira escola e familias...







 

Algúns debuxos:

faltan fotos, comentarios...