Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


domingo, 19 de enero de 2014

Dálle que dálle na Escola de lago- Xaneiro 2014

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

Índice desta entrada:
1- O día 13 na extraescolar
a: embetunar cerámica
b: entear a mesa de cultivo
c: Gael mostrounos un dragón que fixo na casa
d: tamén David fixo grúas
2- o día 22 extraescolar
3- progama de radio do día 27
4- Extraescolar do día 29

.....
1- O día 13, na extraescolar, fixemos algo de varias cousas...
 1a: pero sobre todo embetunar algo da parte de cerámica
que logramos cocer en decembro.


1b - Tamén vimos a Montxo e Lola, e participamos no que se poido, entear a mesa de cultivo, porque hai que facelo cunha grapadora de tapiceiro e para usala necesitase moita forza.

1c- Gael tróuxonos a ensinar o precioso dragón que fixo co seu pai na casa...
 
1d: Grúas que fixo David
 
2- A extraescolar do día 22
traballo nos monicreques, algúns embetunaron...
 e empezar a preparar a terra na mesa de cultivo con capas de terra traida de casa e turba, con follas trizadas, cinza... iniciada polos de infantil.

3- programa de radio do día 27: sobre a Paz 


 
4- Extraescolar do día 29: limpar e embetunar barro, máis capas de papel ás cabezas de monicreques ou pintalas, grúas da paz... As nais probándolles traxes para antroido... un gran boreo!
 Finalizamos co xogo dos bandos da paz, en vez dos da guerra... con bailadas,
 aloumiños, apertas, bicos, cóxegas, voltas de ganchete, apertas, saúdo deportivo,
chocalas cinco, dar ánimo, bicos de nanuxo, etc, etc