Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 1 de febrero de 2014

Dálle que dálle na escola de Lago- Febreiro 2014

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
 
O día 13 en Santiago: nenas-os, bebé, nais-pais, avoas-avó...
pola tarde no Museo do Pobo Galego
Foto de Andrés
 
Índice desta entrada:
1- extraescolar do día 5
2- extraescolar do día 12
3- Viaxe a Santiago
4- extraescolar do día 19
5- programa de radio do 24-2-14
e documentción grafica que nos pasou alberto sobre a India
6- extraescolar do día 26
.....
1- O día 5 na extraescolar continuáronse cousas: as cabezas dos monicreques; iniciaronse outras: colares e pulseiras de macramé para os traxes de hindúes...
 rematáronse outras: 2 debuxos inspirados en cadros de Vasarely, encadrados en rectángulos áureos
feitos por exalumnas e irmáns de alumnos.
 e xogos para a Paz: os bandos da Paz, de Sabela.
 
2- Extraescolar do día 12: buscando pasos de danzas hindúes con Lorena, colares, imprimir con carimbos hindúes que nos deixou a familia de Gael, etc.
 imprimindo con carimbos hindúes
 
3- Viaxe a Santiago
Foi contado o sucedido pola mañá en:
no apartado nº 9
 
pola tarde fomos ´ao museo do Pobo Galego
agradecemos o traspaso rápido de fotos de Andrés, Mónica e Angel
O Museo está no edificio de Santo Domingo de Bonaval
ninguén fixo a foto do exterior e collimos esta de Internet
todas as demais son nosas.
 

Mosaico con fotos de Andrés
mosaico con fotos de Angel

Con borde rosa as fotos de Mónica, en azul de Andrés, en verde de Angel
e en laranxa ou sen borde, de Sabela

 
 
 
 


 

 

 

 

 
 
 

a última pista que buscaron os nenos-as con Lola e outras nais: a copa no centro do patio do claustro!
 
 a merenda na terraza da cafetería do museo de Arte Moderno...
 
4- Extraescolar do día 19
primeiro veu Rosa, profesora de danza oriental que chamamos para ese día, para darnos unha clase de bollywood
e practicamos diante do gran espello...

Despois veu Toni, o tío de Candela, a facer a 2ª parte da entrevista (na primeira parte Candela fixo de reporteira preguntándolle as preguntas de todos) e a escribirnos os nosos nomes en xaponés, e logo, aproveitando, lle fomos pedindo que escribira os dos familiares... Nomes que todos levaron moi contentos para casa, só quedou na escola o nome da escola e o de Sabela, por certo dise "Sabera" eles non teñen ele.
Tamén nos trouxo un libro de xaponés e pinceis para escribir xaponés, de mostra.
Graciñas Toni e boa estancia en Madrid!!!
 
 5- O día 24 fixemos o programa de radio e tivemos de invitado s Alberto Balbona Naranjo, avó  paterno de Gael.
Esta vez todas as fotos son da cámara de Andrés.

El contounos sobre todo, da súa viaxe de cooperante
coa Fundación Vicente Ferrer, na India.
 Enlace:
http://www.ivoox.com/dalle-dalle-nas-ondas-n-31-da-audios-mp3_rf_2879526_1.html?autoplay=1
Foto no enlace:
 
Montxo, 5 anos, entretívose un rato facendo
debuxos da escena da radio
 Algunhas fotos que nos mostrou Alberto:
o hospital da fundación, a consulta do dentista, as próteses, mulleres dalí, nunha pequena excursión con amigos, xeitos de lavarse, a afillada Thulasi...

As inmersións nun río
 carta de Thulasi e invitación para un casamento... lingua telugu
Graciñas mil, avó Alberto!!!!  Namasté!!!
 
 6- extrescolar do día 26
algúns rematando as cabezas dos monicreques con Andrés, outros con colares, didemas, pulseiras e tobilleiras con nais e profe e... probas para o festoval e as danzas con Lorena e Loli.