Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 5 de abril de 2014

Dálle que dálle na escola de Lago- Abril 2014

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

Índice desta entrada:
1- extraescolar do día 2: xabón de aloe vera e as cabezas dos monicreques
2- extraescolar do día 9: pirogravado e os cadros de borde cosido
3- extraescolar do día 23
4- radio do día 28
5-extraescolar do día 30
.....
1- Na extraescolar do día 2 fabricamos xabón de aloe vera, caseiro. A familia de Gael tróuxonos varias pencas e a de Gael e Mateo S. mandaron ramiñas de romeu para poñer,
na auga do xabón, a súa infusión.
Mentras se fixo a infusión recollimos o interior das pencas de aloe vera.
e batímolo ben.

            Despois seguimos fora porque se fai unha reacción química que emite vapores tóxicos, tamén é perigoso que te salpique, ó principio sobre todo, porque pode producir queimaduras, por iso os nenos están mirando desde lonxe.
            A receita era: 6 litros de auga incluida a da infusión de romeu, 6 litros de aceite usado de fritir patacas, 1 kg de  sosa caústica e o interior de 4 pencas grandes de aloe vera batido. Nós fixemos a proporción de 5 litros e cuarto de aceite e tamén lle metimos un pouco de aloe saponaria que temos no xardín. Non se poden usar recipientes nin utensilios metálicos.
            Despois de botar un pouco de auga e nela remexer a sosa toda (nunca ó revés) botamos o resto da auga , logo o aceite e logo o aloe e... a remexer sen descanso de hora e media a dúas horas (a nós levounos 2 horas porque os nenos xiran máis a modo e o caldeiro estaba moi cheo e tamén nos obrigaba a ir con máis coidado. Sempre hai que xirar no mesmo senso por iso sempre estiveron co pau algunha nai (Loli e Iria) mentras ían pasando os nenos e nenas a remexer un pouco, despois seguiron elas e finalmente volveron pasar todos os nenos e nenas a remexer (xa na entrada da escola -pois empezou a choviscar- pero coa porta aberta) para percibir como ía espesando.
               Finalmente se meteu todo en recipientes, e nós pola nosa conta (porque noutras receitas se fai) cubrímolos con plástico de cociña e por riba puxémoslle, a todo, toallas e teas que lles gardara o calor e ó día seguinte se fixon as fotos co xabón xa callado. Agora, neste caso, hai que esperar 7 días para desmoldar. Pódense logo cortar cun molde cortante ou con fío de pescar para facer os xabón máis pequenos.
Nesta escola xa fixemos varias veces xabón nestes anos e cada receita é algo diferente...
                   Nós esta collímola de https://www.youtube.com/watch?v=l1KiS-0YsBo

Despois de estar fora no inicio do xabón pasaron todos a pirogravar con Andrés (tamén está aprendendo unha nai) e facer outros traballos, mestres un a un ían saíndo a remexer un pouco, ó principio, e outro ó final do proceso.
 As cabezas dos monicreques feitos con Andrés Balbona están rematados, só falta unha por pintar, agora estanse a empezar os traxes.
 
2- estraescolar do día 9, sigueuse co pirogravado con Andrés e remataronse os cadros de borde cosido.

 
3-extraescolar do día 23 con Andrés Balbona. Vemos o proceso para pirogravar: lixar, calco do debuxo en papel vexetal, pasalo ó lado do reverso e logo frotar co dedo para pasar o debuxo á madeira, e a pirogravar...
 Tamén manualidades coa titora, para o día da nai.

4- radio o día 28, dedicado a Lela, a avoa de Antía D. e con ela, a de todos...
(Faltan os debuxos feitos na radio e o enlace ó programa)
 
 5- extraescolar do día 3 pirogravado e manualidades...
Os chaveiros de madeira de maciñeira, que trouxo Andrés, son máis pequenos e usáronse para agasallos a pais e nais.
Estas son algunhas pezas rematadas e outras a medio facer para agasallar a persoas que nos axudaron especialmente, estas son de madeira de  oliveira que trouxo Sabela e que cortou Andrés.