Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 7 de junio de 2014

Dálle que dálle na escola de Lago- Xuño 2014

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

Índice desta entrada:
1- extraescolar do día 4
2- extraescolar-saída do día 11
3- radio día 16
4- día 20 cos de Infantil do colexio-cooperativa Ludy
 
.....
1- Na extraescolar do día 4: primeiro monicreque rematado, barro, móbeis, pirogravado... de todo para ir rematando.
Finalmente xogos: xogando ó escondite no bosque anoiteceu...


 
2- Na extraescolar do día 11 fomos recoller lixo á praia e atopamos un cormorán, un peixe ballesta (ou gatillo) e 2 estrelas de mar, mortos todos...  Tamén atopamos 1 galleta pequena de chapapote...
e teas con chapapote!! Os nenos-as no tocaron claro!!!
e moito plástico e cordas...
Despois do primeiro baño Sabela levou os animais mortos ó museo da Natureza de Ferrol, da SGHN, e dixéronlle que como ese peixe teñen xa moitos, as estrelas as ían poñer para comida das gaivotas
e o cormorán víñalles ben...
O lixo deixámolo apartado para que o recolla o concello.
Dixeron que antes de levar as cousas alí é millor chamar
881 93 13 15 e  698 14 13 84
porque do que teñen moito xa non necesitan e eles non fan necropsias
(estudio da morte do animal)

e logo a bañarnos e
 merendar, xogar, bañar...
 
3- O día 16 fixemos o programa de radio 
 
 
4- O día 20 comimos no noso parque e pola tarde estivemos cos Infantil do colexio cooperativa Ludy
 Prestámoslles pelotas e churros e algunhas nenas nosas arrendearon ós máis pequenos deles...
Logo fixemos 2 xogos todos xuntos, e mandamos, polas profes, un chaveiro pirogravado
que fixermos para Miguel Castro, por todo o tempo
que nos leva cedido para poder alongar o noso programa de radio
 Despois repartimos os últimos agasallos, lavanda da horta para Laura polos marcapáxinas de coiro que nos agasallou o día do libro, e flores semprevivas, tamèn da horta, para Andrés (por medio de Laura) e Patricia, polo seu tempo na radio e nas extraescolares...