Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 1 de noviembre de 2014

Dálle que dálle na escola de Lago- Novembro 2014

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.
 
 
Índice desta entrada:
 
1- o día 5 e 11, extraescolar na escola
2- o día 15, a esfolla en Doso
3- o día 19, a extraescolar na escola
4- o día 26, extraescolar na escola
 5- marcha e actividades "Polo bon trato"
........................................................................................ 
1- O día 5 e 11 na extraescolar empezamos a montar os teares e a tecer. Os de 3 anos a coser o marco da cartoliña, ademáis de facer todos xogos populares e de mesa. Viñeron axudar Ana e Susana, guai!!
 
 2- O día 15 fomos, como os últimos anos, á esfolla de Doso
participamos nos obradoiros de inicio

na esfolla

Graciñas Laura por mandar alguna foto!
 vendo as actuacións e exposicións
 Estes traballos seguramente foron feitos por nenos e nenas das escolas do CRA de Narón.


En fin, fixemos de todo e mesmo ó final fixemos bonecas de penica e debagamos... Tamén houbo o chocolate, coma sempre!

 3- O día 19, na extraescolar seguimos cos teares, cadros... e, coma sempre, rematamos con xogos.
4- Extraescolar día 26
 
 5- Marcha "Polo bon trato"
Texto feito na escola e que leron Yasmín, Montxo e Gael:
"Nós somos nenos e nenas pequenas  e o que máis nos gusta é que nos traten ben. Pensamos que a todo o mundo lle gusta ser ben tratado, por iso tamén queremos aprender a tratar ben ós demais.
Nós unímonos ó bon trato!!!"