Benvida

OS ESQUÍOS BULE-BULE DANVOS A BENVIDA!!!

ELES SEMPRE ESTÁN DÁLLE QUE DÁLLE NA ESCOLA DE LAGO


sábado, 5 de diciembre de 2015

Dálle que dálle na escola de Lago- Decembro 2015

Actividades voluntarias
fora do horario escolar
Enlace co blogue da escola en horario lectivo:
Ambos blogues lévaos, desde o inicio, a titora, Sabela D. R.

O- todos debaixo do esquelete da balea


Índice desta entrada:
 0- foto de grupo no museo da SGHN de Ferrol o día 18
.................................................................................
1- extraescolar do día 2
2- a extraescolar do día 9
3- O día 12 tivemos que facer o Belén Vivinte porque o 20 son eleccións e a escola está ocupada (faltan por subir fotos),
o Tió catalán que trouxo o doce da festa, e o Olenzero vasco que tróuxo 2 xogos de billardas para a escola e tamén fixemos a festa.
4- o martes rematando as bolsas do Apalpador, viñeron a axudar pais.
5- a extraescolar do día 18 foi unha saída familiar: 
a visita ó museo de Ciencias da SGHN de Ferrol
6- despois de visitar o museo un neno e unha nena foron levar as tarxetas postais de todos a Correos
....................................................

1- Extraescolar do día 2: termináronse parte dos abetos de Nadal que propuxo Carmen e xogamos a "xogando ó escondite, no bosque..."

2- extraescolar do día 9:
os pequenos trasnos tamén idea de Carmen, 
coa axuda de Susana e Loli...

Mentres se ían facendo galletas das que se fan en Centroeuropa por San Nicolás, con Mari Carmen...

Graciñas a todas!! Foi estupendo, anque as monitoras non dábamos feito...
3- O sábado día 12 

faltan fotos do belén, da representación da noite do Apalpador,

do Tió catalán, do Olenzero vasco...
O Tió tróxonos o doce da festa
O Olentzero tróuxonos para a escola 2 xogos de billardas. 
GRACIÑAS A AMBOS!!!

4- O martes estivemos rematando nas bolsas do Apalpador viñeron a axudar pais e os de 4 anos rematáronnas. Os maiores  fixérono nos días seguintes, no horario escolar, pero van eiquí
 porque case toda o fixeron en extraescolares. 
A última rematouse o día 21.

POR FIN TODAS REMATADAS!

5- A extraescolar do día 16 foi unha saída: a visita ó museo de Ciencias da SGHN de Ferrol que as familias da escola levaban tempo demandando. As familias da escola de Lago queren facer saídas coa escola e para que poidan ir a maioría hai que facelas fora de horario de traballo. Berta foinos explicando pero non quixo fotos,
 por iso non a vemos! 






6- As tarxertas postais que se fixeron aproveitamos a que as levaran a Correos  2 encargados, despois de ver o museo.